venres 11 de febreiro do 2011
O grupo municipal de Esquerda Unida insta a dirección de Navantia a facilitar o acceso do transporte público urbano ao interior da factoría.Javier Galán, concelleiro de EU, reclama unha pronta coordinación e resolución entre o concello e a empresa pública para garantir a nosa demanda.
Esquerda Unida entende necesario modificar o plan de mobilidade da factoría coa inclusión da variable fundamental do transporte público urbano.
O Grupo Municipal de Esquerda Unida logo de comprobar a situación de caos circulatorio derivado da falla de pases para os vehículos privados para un importante número de traballadoras e traballadores da Bazán, reafírmase na imperiosa necesidade de conquerir que o transporte público urbano acceda ao interior da factoría pública para mellorar a realidade circulatoria da cidade, facilitar os desprazamentos sustentables á plantilla e avanzar no propio Plan de Mobilidade da factoría.
Javier Galán, concelleiro do Grupo, lembra a xuntanza mantida por el mesmo e Gerardo Castrillón no ano 2008 con representantes da dirección da empresa pública para estudar a modalidade que permitise a entrada do transporte público urbano no interior da factoría, circunstancia que ao noso xuízo aliviaría a densidade circulatoria e faría un contributo a prol da sustentabilidade no eido do transporte na cidade. O concelleiro de EU reclama do Goberno Municipal unha actitude firme e decidida para facer realidade esta demanda formulada por EU.
Non cabe agardar máis: urxe acadar unha coordinación e resolución entre o concello e a factoría pública para facer realidade a entrada do transporte público no recinto da empresa pública.
Para Esquerda Unida semella evidente a necesidade de modificar o Plan de Mobilidade Sostible da factoría pública para que este contemple de xeito prioritario a entrada do transporte público ao interior do recinto, circunstancia que disuadiría unha parte do tráfico privado que hoxe non ten a posibilidade de empregar a proposta que enuncia Esquerda Unida.

No hay comentarios:
Publicar un comentario