venres 11 de febreiro do 2011
O grupo municipal de Esquerda Unida expresa a súa satisfacción ao acadar Ferrol Vello a condición de BIC (ben de interese cultural).Yolanda díaz salienta o traballo compartido da asociación veciñal de Ferrol Vello e dos grupos municipais que recurreron a primeira e errada decisión do goberno Feijóo.
Esquerda Unida insta ao goberno municipal a dar comezo aos traballos de elaboración do plan especial de protección e reforma interior, aprobado en pleno en 2006 a instancias do noso grupo municipal.
O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere amosar a súa satisfacción pola consecución da protección para o barrio histórico de Ferrol Vello, mediante a fórmula da declaración de Ben de Interese Cultural (BIC). Queremos afirmar que foi a afirmación da maioría das forzas políticas e sociais da cidade a que lle deu a volta a incomprensible decisión primeira do goberno de Feijoo de denegarlle en primeira instancia este nivel de protección. Confírmase o valor do quefacer en común para cambiar a nosa cidade en positivo.
A declaración de BIC entronca coa moción aprobada en 2006 a resultas da proposta de Esquerda Unida no sentido de protexer o barrio da degradación urbanística e da cobiza especuladora. O noso texto recollía no seu primeiro punto, aprobado por unanimidade, a elaboración do plan especial do barrio. Hoxe máis que nunca ten unha urxencia perentoria a súa posta en execución.
A veciñanza que reside no barrio, o conxunto da súa vida social da zona, recibe unha boa nova porque con este recoñecemento a cidade no seu conxunto fornece o seu futuro o mandatármonos aos responsables públicos para coidar e protexer dunha maneira máis esixente o legado histórico e patrimonial de todas e todos os ferroláns acubillado no barrio primixenio da cidade.
Esquerda Unida considera que agora a prioridade e poñérmonos a traballar para elaborar o plan especial de protección e reforma interior, que desenvolva as previsións de protección derivadas da declaración de BIC. Na súa elaboración haberá que conxugar celeridade, a situación de degradación do barrio así o impón, e a debida participación dos diferentes sectores sociais interesados.
Xa que logo, demandamos do Goberno Municipal ten que comezar os traballos para a elaboración participada do PEPRI de Ferrol Vello. Non caben máis dilacións, porque estas lastiman o futuro do barrio, esto é, o da cidade.

No hay comentarios:
Publicar un comentario