mércores 16 de febreiro do 2011
O grupo municipal de Esquerda Unida propón que se realice, coas maiores garantías ambientais, o aparcadoiro de Punta Penencia.Yolanda Díaz insta ao goberno a garantir unha realización axeitada das canalizacións pendentes tralas obras do vial ao porto exterior, para evitar posibles accidentes.
Esquerda Unida mantivo onte un encontro de traballo coa directiva da xunta veciñal de Doniños.
O Grupo Municipal de Esquerda Unida mantivo onte unha xuntanza de traballo coa directiva da Xunta Veciñal de Doniños, no local social da entidade, na que participaron Yolanda Díaz, Sari Alabau e Manel Cereijo, membros todos eles da candidatura local de Esquerda Unida.
Con esta xuntanza deu comezo unha nova xeira de reunións de traballo co tecido veciñal e asociativo da cidade para coñecer as últimas problemáticas e necesidades dos barrios, parroquias e entidades cara a súa posible incorporación ao programa electoral participado que está a realizar a nosa organización.
A reunión abordou as problemáticas pendentes na área de Doniños, facendo fincapé en dúas cuestións da meirande importancia para a parroquia. Dunha banda, a nosa organización propón que se realice, coas maiores garantías de protección ambiental, o aparcadoiro en Punta Penencia, que vai permitir satisfacer unha demanda arrastrada e insatisfeita no tempo.
Doutra banda, Yolanda Díaz insta ao Goberno a desenvolver unha actitude esixente e vixilante para conquerir que as obras de reparación derivadas dos novos accesos ao Porto Exterior se rematen en tempo e de maneira tal que se garanta a axeitada canalización das pluviais, mediante a mellora das existentes e a construción doutras novas. Tales canalización forman parte das reparacións derivadas das obras do acceso vial ao Porto Exterior, aínda pendentes de realización.
Xunto coas canalizacións a desenvolver na zona media do val de Doniños e na súa parte baixa, a nosa organización demanda a ampliación das gabias ou cunetas do vial ao Porto Exterior. Son actuacións necesarias e que teñen que executarse de xeito que respondan ás novas condicións derivadas do trazado dos accesos ao Porto Exterior.
Esquerda Unida vén pelexando dende 2008 xunto coa veciñanza das zonas afectadas para acadar que Fomento asuma e realice as obras necesarias para evitar ulteriores accidentes, que como o caso dos últimos desprendementos en Doniños poden carrexar graves consecuencias. Esquerda Unida demanda a Fomento e ao Goberno Municipal que cumpran os compromisos coa veciñanza da Zona Rural afectados polas obras.

No hay comentarios:
Publicar un comentario