Aparcadoiro en Punta Penencia

mércores 16 de febreiro do 2011
O grupo municipal de Esquerda Unida propón que se realice, coas maiores garantías ambientais, o aparcadoiro de Punta Penencia.

Yolanda Díaz insta ao goberno a garantir unha realización axeitada das canalizacións pendentes tralas obras do vial ao porto exterior, para evitar posibles accidentes.

Esquerda Unida mantivo onte un encontro de traballo coa directiva da xunta veciñal de Doniños.

BIC Ferrol Vello

venres 11 de febreiro do 2011
O grupo municipal de Esquerda Unida expresa a súa satisfacción ao acadar Ferrol Vello a condición de BIC (ben de interese cultural).

Yolanda díaz salienta o traballo compartido da asociación veciñal de Ferrol Vello e dos grupos municipais que recurreron a primeira e errada decisión do goberno Feijóo.

Esquerda Unida insta ao goberno municipal a dar comezo aos traballos de elaboración do plan especial de protección e reforma interior, aprobado en pleno en 2006 a instancias do noso grupo municipal.

Transporte Público en Navantia

venres 11 de febreiro do 2011
O grupo municipal de Esquerda Unida insta a dirección de Navantia a facilitar o acceso do transporte público urbano ao interior da factoría.

Javier Galán, concelleiro de EU, reclama unha pronta coordinación e resolución entre o concello e a empresa pública para garantir a nosa demanda.

Esquerda Unida entende necesario modificar o plan de mobilidade da factoría coa inclusión da variable fundamental do transporte público urbano.

Acceso Ferroviario ó Porto Exterior

mercores 9 de febreiro do 2011
O grupo municipal de Esquerda Unida demanda que o ministerio escoite o sentir e resolva as alegacións presentadas polo asociacionismo da cidade.

Yolanda Díaz reclama do ministerio que non oculte á cidadanía a decisión adoptada acerca do trazado, e que resolva as alegacións antes das eleccións municipais.

O ministerio xoga co noso futuro cando nen resolve as alegacións ao trazado nen reserva no orzamento deste ano unha cantidade que permita lanzar en serio o proxecto.

Supresión das obras na Praza de España

xoves 3 de febreiro do 2011
O grupo municipal de Esquerda Unida lamenta o enésimo retraso na conclusión das obras en superficie na Praza de España.

EU vén reclamando nas mesas de contratación que se extremen os controis para verificar a solvencia das empresas adxudicatarias de obra pública municipal.

O noso grupo reitera a nosa disposición a contribuír o seu máis pronto remate, sendo como somos a única forza política allea aos erros dos dous anteriores gobernos no que atinxe ao futuro da Praza de España.