Arranxo do Bosque dos Nenos

luns 7 de marzo do 2011
O grupo municipal de Esquerda Unida reclama que se proceda a arranxar os accesos e camiños interiores do bosque dos nenos na parroquia de Valón, asemade de garantir o seu mantemento.

Esquerda Unida propón a elaboración dun plan anual de mantemento dos equipamentos e servizos da zona rural.

“non se pode desbaldir o traballo social das entidades descoidando o mantemento das propias áreas recuperadas”, sinala Yolanda Díaz.

Rehabilitar Recimil

venres 4 de marzo do 2011
Esquerda Unida avoga por un triple acordo consellería de vivenda, ministerio e concello para garantir a programación e financiamento da rehabilitación de Recimil.

A creación da empresa municipal de vivenda semella indispensable para dirixir e pular no proceso rehabilitador.

EU vén de pedir unha xuntanza ao director xeral de patrimonio cultural ao obxecto de formularlle o proxecto.